Que é unha awesome list (lista xenial, en inglés)? Algunha vez sentiches que hai moita información sobre un tema, ou ao mellor que hai moitas opcións nas que escoller cando buscas por algo? Imaxina que tes unha lista de todo o que tes que saber para meterte nun tema concreto.

Nesta entrada vou introducir o concepto dunha awesome list e mostrateivos unhas cantas que realmente me gustan.

Listando cousas xeniais

Imaxina que non tes nin idea de Java, pero queres empezar con eso. Por suposto, preguntaríaslle a alguén que ten bastante coñecemento en Java, para que poida dirixirte a onde empezar. En vez diso, imaxina que un montón de xente experimentada fai unha lista de cousas que deberías saber sobre Java.

Isto é unha awesome list: unha lista de cousas xeniais que deberías saber sobre un tema concreto.

Logo Awsome

Onde comezou todo

As listas Awesome comezaron no repo de sindresorhus. Aquí explica como funcionan as listas awesome:

Investiga que as cousas que inclúes son realmente xeniais. Pon únicamente cousas na lista que ti ou outro contribuínte poda recomendar personalmente. Deberías deixar cousas fóra antes que incluír cousas demais.

Ademais de suxerir unha entrada particular da lista, deberías informar aos lectores a razón de que estea na lista e como outros se poderían beneficiar dela.

Neste repo, vas atopar unha lista de awesome lists. Podería servir como índice de “coñecemento awesome”. Porén, xa existe unha categoría sobre isto en Github: https://github.com/topics/awesome.

Atopando solucións tecnolóxicas

Estas listas son un bo punto de partida para comezar cun tema. Isto pode ser dende aprender un novo linguaxe de programación ata ter unha lixeira idea sobre Intelixencia Artificial. É máis, as listas awesome son tamén un bo repositorio de solucións tecnolóxicas para o teu proxecto ou ferramentas que doutra forma non atoparías facilmente.

Awsome list exemplo

Imaxe: Unha parte dunha awesome list.

Contribucións e mantemento

Estas listas están mantidas normalmente pola comunidade. UN montón de expertos, que tamén poden usar estas listas como un índice útil de coñecemento no seu campo, envían continuamente Pull Requests para contribuír á lista para que se actualice de vez en cando.

Algúns exemplos chulos

Agora que coñeces estas listas, podes empezar a surfear Github e marcando como favoritas as que che gusten. Vouche ensinar aquí algunhas que me pareceron interesantes.

Ciberseguridade

Por suposto, vou comezar co meu campo preferido: Ciberseguridade. Hai moitas listas neste campo asi que, como podes imaxinar, aquí vai unha lista de listas :D

Awesome Haking é unha lista de listas en Ciberseguridade.

Awsome hacking

Imaxe: Cabeceira da lista Awesome Hacking.

Nesta lista podes atopar listas de diferentes temáticas. Aquí hai algunhas delas:

Tecnoloxía self-hosted

Probablemente a miña lista awesome favorita é Awesome Self-hosted. Aquí atoparás moitas aplicacións e software que podes aloxar no teu servidor privado:

Self-hosted

Imaxe: Solucións self-hosted.

  • Aplicacións da nube
  • Servizos de correo electrónico
  • Servizos de proxy
  • Xogos
  • DNS

Privacidade

Awesome privacy

Imaxe: Lista Awesome Privacy.

Outra lista que me pareceu moi interesante é a lista Awesome Privacy. Nesta lista, apuntan algunhas solucións tecnolóxicas para protexer a túa privacidade: o que debes e non debes usar.

Desenvolvemento

Finalmente, tamén podes atopar algunhas listas de todo o que debes saber sobre unha linguaxe de programación. Aquí algúns exemplos:

Conclusión

As listas awesome son xeniais. Son unha forma de agrupar coñecemento sobre unha temática, ao estilo Código Aberto. Algunhas delas están un pouco abandonadas, mentres que moitas outras son actualizadas a diario. Así que, antes de buscar en Google por algún tema, busca primeiro unha lista awesome: vaiche dicir que é o que tes que googlear :D.

Obri! Agora xa podes comezar a navegar en todo este coñecemento!