Política de privacidade
A política de privacidade resumida (TL;DR;)
Este sitio web non emprega cookies nin emprega ningunha tecnoloxía que permita facer o seguimento dun usuario/a individual. Como visitante de martinord.eu:
- Non se recolle información persoal.
- Non se almacena información no navegador, como as cookies.
- Non se comparte nin vende información con terceiras partes.
- Non se comparte información con compañías anunciadoras.
- Non se obtén información a partir de tendencias persoais ou de comportamento.
- Non se monetiza ningunha información
Neste sitio web, usamos dúas tecnoloxías concretas:
- Cloudflare como servizo externo que actúa como CDN. Podes consultar a información que Cloudflare recolle como “Log Data” dos usuarios finais: https://www.cloudflare.com/privacypolicy/
- Plausible para as analíticas, nos nosos propios servidores. Podes consultar aquí a súa política de recollida de datos: https://plausible.io/data-policy
Información se obtén
Con Plausible: recóllese datos de forma agregada e sen carácter persoal, incluíndo páxinas máis visitadas, duración das visitas, información sobre os dispositivos, entre outras.
Con Cloudflare: pode incluír, pero non estar limitada a, direccións IP, configuración do sistema e outra información sobre o tráfico dende o noso sitio web e os dispositivos e/ou redes. Toda esta información trátase como información de rexistro (log data).
Como se usa esta información
A información obtida con Plausible é xestionada nos nosos propios servidores, xa que non incorpora ningún tipo de información persoal. Esta emprégase para obter estadísticas anónimas sobre as visitas ao sitio web: páxinas visitadas, localización do país, sistemas operativos e navegadores empregados. Toda esta información non nos permite identificar a ningunha persoa individual.
A información obtida por Cloudflare é xestionada pola propia compañía para manter o servizo CDN, o cal distribúe o contido deste sitio web e permite a súa operación. Todos estes datos mencionados recóllense como información de rexistro (log data).