A política de privacidade resumida (TL;DR;)

Este sitio web non emprega cookies nin emprega ningunha tecnoloxía que permita facer o seguimento dun usuario/a individual. Como visitante de martinord.eu:

  • Non se recolle información persoal.
  • Non se almacena información no navegador, como as cookies.
  • Non se comparte nin vende información con terceiras partes.
  • Non se comparte información con compañías anunciadoras.
  • Non se obtén información a partir de tendencias persoais ou de comportamento.
  • Non se monetiza ningunha información

Neste sitio web, usamos dúas tecnoloxías concretas:

Información se obtén

Con Plausible: recóllese datos de forma agregada e sen carácter persoal, incluíndo páxinas máis visitadas, duración das visitas, información sobre os dispositivos, entre outras.

Con Cloudflare: pode incluír, pero non estar limitada a, direccións IP, configuración do sistema e outra información sobre o tráfico dende o noso sitio web e os dispositivos e/ou redes. Toda esta información trátase como información de rexistro (log data).

Como se usa esta información

A información obtida con Plausible é xestionada nos nosos propios servidores, xa que non incorpora ningún tipo de información persoal. Esta emprégase para obter estadísticas anónimas sobre as visitas ao sitio web: páxinas visitadas, localización do país, sistemas operativos e navegadores empregados. Toda esta información non nos permite identificar a ningunha persoa individual.

A información obtida por Cloudflare é xestionada pola propia compañía para manter o servizo CDN, o cal distribúe o contido deste sitio web e permite a súa operación. Todos estes datos mencionados recóllense como información de rexistro (log data).

Aviso legal