Sempre fun unha persoa moi activa e curiosa. Iso levoume a escoller unha estratexia autodidacta que me deu unha extensa variedade de ferramentas e adaptabilidade. Ademais, as viaxes, voluntariados e o feito de estudar fóra déronme a oportunidade de coñecer xente de diferentes culturas e de gañar experiencia traballando en equipo.

A parte dos meus estudos como Erasmus na Universidade do Sur de Gales (USW) e como estudante internacional nalgúns cursos de verán noutras universidades, tamén participei nalgunhas organizacións de xuventude como AEGEE. Ademais, estou facendo de voluntario na Fundación Cibervoluntarios, unha organización que dá charlas para empoderar á xente con habilidades tecnolóxicas.

Actualmente, estou estudando un Máster en Ciberseguridade na Universidade da Coruña, despois dos meus estudos en Enxeñaría Informática. Ao mesmo tempo, estou continuando o traballo no campo da autenticación como bolseiro de investigación na mesma universidade.

Finalmente, este 2021 estou escribindo unha entrada no blog á semana, parte do meu reto persoal #52challenge. Como explico na primeira entrada, este blog busca empoderar á xente coa tecnoloxía, ademais de escribir algunha entrada técnica sobre algún tema que me interese.

CV

Para saber máis, tamén podes consultar o meu CV.