Ola Mundo! Teño un novo proxecto paralelo: #52challenge

Este é a primeira das 52 entradas que vou publicar durante 2021. Ao longo deste ano, decidín enfrontarme ao reto persoal de escribir unha entrada á semana. Por que?

Necesito unha razón, non?

Ano novo, retos novos. En realidade nunca fun unha persoa que se preocupase polas tradicións como facer unha lista de propósitos de ano novo. Ben, como sabe todo o mundo, este ano pasado cambiou todo, así que tomei a decisión de comezar o ano dende outra perspectiva.

Ás veces a xente coma min necesita ter un fin. Quero dicir, ter un propósito para rematar esas tarefas, de sentir que o proxecto no que estás traballando ten un obxectivo. Normalmente, este tipo de persoas non nos damos conta que non ter un obxectivo é a orixe do problema de non rematar os nosos proxectos, ao tempo que nos cansamos deles.

Por iso, elixín comezar o meu 2021 facendo unha lista.

A razón: a lista do imposible

Esta coñécese como a lista do imposible (impossible list en inglés). Polo menos, así é como a chama Joel Runyon1. O importante aquí é que imposible non significa que non exista maneira de que ti consigas o que escribes nela, senón que ti ou calquera podedes chegar a crer que son obxectivos ambiciosos. Digamos… cerca do imposible.

Propósitos do 2021

Image: Novo ano, novos propósitos.

O que é aínda máis importante para min: esta lista do imposible pode conter calquera cousa que ambicione facer, aínda que ao final non se cumpra. Isto significa que podes elixir calquera cousa na que queiras traballar ao mesmo tempo.

É máis, cada un dos elementos da lista ten que ser claro, concreto e rexistrable. Por exemplo, escribir unha entrada á semana durante un ano enteiro ou outros retos persoais como visitar 50 países. Ben, destes dous exemplos concretos, creo que empecei co máis complicado para min :D.

Sobre que vou escribir

Ata agora usei este blog como unha páxina de visita, aínda que escribín un par de entradas que pode que vos parezan interesantes ou útiles.

O meu plan é o mesmo, escribir sobre

  • Proxectos de Enxeñaría Informática
  • Ferramentas e investigación en Seguridade da Información
  • O que é máis importante: Coñecementos xerais de Internet e Ciberseguridade.

Isto é o que non espero

Este non é un proxecto para conseguir números grandes. Non espero unha audiencia enorme, senón un reto para facerme investigar e compartir coñecemento útil para alguén.

Espero aprender ensinando

Como dixen antes, non sempre vou estar en modo técnico.

Sharing computer knowledge

Image: Compartir coñecemento en ciberseguridade e TI.

Así como vou estar escribindo sobre coñecemento técnico e cousiñas que me parezan interesantes, ás veces vou poñerme en modo non-técnico para axudar á xente cos problemas aos que se enfrontan nos enfrontamos día a día. Isto vai dende usar o DNI electrónico e certificados dixitais a configurar o teu router con seguridade.

Compartir coñecemento coa xente fíxome medrar durante os meus voluntariados. Creo firmemente que, actualmente, a xente necesita entender Internet e os ordenadores, xa que son o seu día a día. Hai moitas organizacións das que vou falar que fan isto a gran escala, empoderando á xente.

A menor escala, e humildemente, quero poñer o meu gran de area.

Obri! Espero que vos gusten!